Monday 29 de April de 2024

Non constan actividades no Pavillón de Anceis


Dende que o pavillón foi inaugurado dende Alternativa non temos coñecemento de que se este a dinamizar con actividades.

Tras tantos anos de espera para poder empregar o pavillón, resulta que parece non haber un programa de actividades para a veciñanza. Alternativa preguntará sobre cal é a previsión para empregar esta instalación deportiva.